Publicador de contidos
Publicador de contidos

González Pons denuncia que o CIS é financiamento ilegal do PSOE

González Pons denuncia que o CIS é financiamento ilegal do PSOE

O Goberno achaca as acusacións do PP ao estado "de nerviosismo" dos de Feijóo

Podemos réstalle importancia á caída que lle dá o barómetro de abril e urxe a Díaz a asinar un acordo

Os partidos arremeten contra o traballo de José Félix Tezanos á fronte do CIS
G24.gal 21/04/2023 14:21

O CIS entra na precampaña. As súas enquisas levan catro anos xerando debates intensos pero agora esa polémica sobe de ton. Para o PP son financiamento ilegal do PSOE. O vicesecretario institucional do PP, Esteban González Pons, denuncia que o CIS "fai os estudos que lle interesan ao PSOE, publica os resultados que lle interesan ao PSOE e colabora coa propaganda do PSOE". 

O Goberno evita a polémica. A vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, cre que son "froito do nerviosismo que padecen os de Feijóo". Tampouco entrou o presidente Sánchez. Participou nun mitin en Toledo sen a presenza do presidente castelán manchego, que se volveu borrar, por segunda vez nunha semana, dun acto do seu secretario xeral.

E alí amosouse convencido de que as urnas "volverán deixar á dereita onde sempre, onde lles toca a aqueles que non confían nas fortalezas da nosa sociedade". O CIS de abril mantén os socialistas como forza máis votada, pero perdendo apoios. Ceden un 15 por cento de votantes a Díaz, Belarra e mesmo a Feijóo. 

Agarda expectante Yolanda Díaz. A plataforma Sumar entra directamente á cuarta posición. 
Acantoa a Podemos, cómelles terreo ao PSOE e reforza a figura da vicepresidenta. Podemos réstalles importancia aos datos, pero aproveita para reclamarlle un acordo a Yolanda Díaz. "Queda en evidencia que para revalidar un goberno de coalición, sería unha boa noticia que se asinara canto antes un acordo de coalición entre Podemos e Sumar", sostén a secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra.  

A secretaria xeral de Podemos apoia a candidata en Asturias e pídelle que se presente. Covadonga Tomé está pechada na sede do partido en Xixón para esixir que se respecte íntegra a súa lista aprobada en primarias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade