Gonzalo Caballero pide un cambio de rumbo no PSdeG tras o resultado electoral
Gonzalo Caballero pide un cambio de rumbo no PSdeG tras o resultado electoral
O exsecretario xeral dos socialistas galegos di estar "moi preocupado" tras as caídas continúas nos últimos procesos electorais, e pide "non resignarse" e fortalecer o PSOE para avanzar
Gonzalo Caballero, exsecretario xeral do PSdeG, asegura estar moi preocupado polos resultados da formación socialista nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo. Nun fío de chíos publicado na rede social X (antes Twitter) destaca que "o PSOE caeu en España 2.8 puntos mentres en Galicia caemos 8 puntos", e pide "cambiar de rumbo tras as caídas continuas".
Resultados PSOE Galicia🧵: El PSOE cayó en España 2.8 puntos en las europeas mientras en Galicia caímos 8 puntos, casi 3 veces más que en España. Galicia de nuevo entre las CCAA con mayor caída @PSOE de España. Muy preocupado: el PSdeG debe cambiar de rumbo tras caídas continuas
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) June 10, 2024
Sinala Caballero que en 2019 o PSdeG foi "a forza máis votada en Galicia, con 511.246 votos e o 35,07 %, pero onte obtivemos 301.213 votos, o 27,01 %. En 2019 o PSdeG gañou ao PPdeG por 76.000 votos e agora gáñannos por 185.000".
Ao mesmo tempo di que esa caída contrasta coa suba dos socialistas noutras comunidades históricas, como Euskadi ou Cataluña, e destaca que o PP obtivo en Galicia un dos mellores resultados de toda España.
Fala Caballero de que o ciclo electoral 2023/24 é "o peor da historia do PSdeG, caendo en todas as eleccións", e sinala directamente Valentín González Formoso e José Ramón Gómez Besteiro. Contrasta ese ciclo co de 2029/20, cando el ocupaba a secretaría xeral do PSdeG, "que se saldou con subas en todas as eleccións en Galicia".
Conclúe a reflexión dicindo que "non debemos conformarnos nin resignarnos. Toca entender a mensaxe e fortalecer o PSOE para avanzar en Galicia, España e Europa".