Publicador de contidos
Publicador de contidos

Grande éxito galego nos Mundiais de Piragüismo

Grande éxito galego nos Mundiais de Piragüismo

7 deportistas galegos volven de Alemaña con medalla

Resaltan as 3 pratas da pontevedresa Antía Jácome

G24.gal 28/08/2023 12:30

Remata o Mundial de Piragüismo festexado en Duisburgo, Alemaña, e faino cun gran resultado para España, en gran medida, polo éxito dos deportistas galegos. 9 medallas virán para Galicia: 3 ouros, 3 pratas e 3 bronces.

Destes 9 metais só unha deportista foi capaz de lograr subir ao podio en máis dunha ocasión, Antía Jácome. A pontevedresa exerceu o seu dominio conseguindo o segundo posto tanto nas probas por parellas como na individual.

Nun tramo dunha hora logrou a prata e clasificación olímpica para París 2024 no C2 200M e o segundo posto no C1 200M. Tamén quedou a piques do ouro no C2 500M.

Os campións galegos foron Pablo Graña (Cangas), Manuel Fontán (Pontevedra) e Adrián Sieiro (Poio) na modalidade C4 500M, acompañados polo mallorquino Joan Moreno.

Os bronces chegaron das mans de Rodrigo Germade no K2 500M e dunha Teresa Portela e Carolina García, que tamén subiron ao terceiro chanzo no K4 500M.

Tamén fixeron un gran papel Claudia Couto, Valeria Oliveira e Antía Otero logrando un 5º lugar no C4 500M, sendo das participantes máis novas (todas nacidas entre 2003 e 2004).

7 deportistas diferentes que logran tocar metal e que volven demostrar o dominio galego no piragüismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos