Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gran naufraxio español ante o Xapón

Gran naufraxio español ante o Xapón

Un 4-0 contundente deixa en evidencia a selección de Jorge Vilda

España tivo o 77 % de posesión, mais só rematou a porta en 2 ocasións

G24.gal 31/07/2023 12:08

Duro correccional para a selección dirixida por Jorge Vilda caendo por un contudente 4-0 ante o Xapón e perdendo a primeira praza do grupo que as clasificaba en oitavos ante Noruega.

España pecou de confianza tras dúas vitorias ante rivais de baixo nivel coma Zambia e Costa Rica, mais esa intensidade non serve para enfrontarse a unha rival como as nipoas.

A selección circulaba moi lento a pelota e froita das pérdidas surxiron os contraataque que remataron nos 4 goles recibidos.

No minuto 12 caería o primeiro tras unha perdida que permitiría a Miyazawa quedar diante de Misa e definir pegado ao pau. 

Se adelanta Japón tras un balón a la espalda de la defensa.

La @sefutbolfem encaja su primer gol en este #MundialRTVE. ¡Toca remar!

🇯🇵 Japón 1-0 España 🇪🇸 #FIFAWWC

DIRECTO | @La1_tve y https://t.co/4uMqeaP3VF pic.twitter.com/N46B0p37G7

— Teledeporte (@teledeporte) July 31, 2023

A tónica sería a mesma durante toda a primeira metade e Xapón non perdoaría as súas oportunidades. Ueki anotaba o 2-0 á media hora de encontro e Miyazawa volvería anotar outro tanto no 40 pechando o seu dobrete. 3-0 ao descanso.

Vilda faría cambios no tempo de lecer e no segundo tempo, mais non foi suficiente. No 82 Tanaka remataría o encontro cun golazo e poría a última pedra no peto español. O 4-0 é a maior goleada recibida por España nun Mundial. Moi duro para un grupo que estaba entre as favoritas.

España xogará o vindeiro sábado ás 07:00 fronte a Suíza nos oitavos de final e precisa aumentar moito o seu nivel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade