Prado rabuña outro podio en Suecia e mantén a vantaxe nos cen puntos
Prado rabuña outro podio en Suecia e mantén a vantaxe nos cen puntos
Gañou a carreira de cualificación e a primeira manga
Na segunda preferiu non arriscar por mor da lama que había no circuíto
Jorge Prado mantivo a súa liña de regularidade. Volveu estar no podio no Grande Premio de Suecia e mantivo os cen puntos de diferenza á fronte do campionato logo de gañar a cualificación e a primeira carreira.
A primeira manga foi de dominio do lucense Jorge Prado. Conseguiu adaptarse moi ben ao circuito e acadar un ritmo imposible de seguir para os seus adversarios. Febvre foi segundo a 11s e Seewer, terceiro a case 20s. A pelexa estivo por unha posición entre os tres primeiros, nunca pola vitoria parcial que nunca perigou. Rubén Fernández acabou na sexta posición, por detrás de Coldenhoff.
Na segunda manga Prado non tivo unha boa saída e logo non tomou riscos. Asentouse na sexta posición e non quixo nin por asomo ir ao chan na barreira de Suecia. Por diante Seewer sabía que gañando levaba o GP e foi a por todas. Febvre estivo preto pero non foi quen de collelo. Renaux, Herlings e Gajser demostraron ir collendo a forma logo das lesións sufridas ao longo da temporada.
Na xeral do Mundial de motocrós Prado mantén a vantaxe en torno aos cen puntos sobre Febvre. Son 98 cunha carreira menos. Quedan catro para o final e o de Lugo está cada vez máis preto do título.