Gran reacción do Fabril nos últimos dez minutos para gañar o primeiro partido
Gran reacción do Fabril nos últimos dez minutos para gañar o primeiro partido
Os goles de Diego Gómez e Jairo serviron para remontar ante a Arandina (3-2)
O encontro da Arandina levaba a mesma secuencia que o encontro de hai quince días contra o Raio Cantabria. Adiantouse o Fabril cun penalti transformado por Diego Gómez ao pouco de comezar. Xogou media hora boa o filial, pero nos últimos intres estragou todo o traballo feito. Igualou Jorge Pesca cun gran lanzamento de falta e no engadido Gonzalo Serrano marcou o segundo.
Outra vez a remontar no segundo tempo. Daquela non o conseguira pero contra a Arandina demostrou o equipo de Gilsanz ter un grande espírito de loita e non baixou os brazos ata o final. Tardou moito en chegar o empate. Logo de estragar boas ocasións foi outra vez Diego Gómez o que acertou a rematar un centro de Caroutas. Lonxe de conformarse, o Fabril foi por todas á procura do terceiro, e tamén o marcou grazas a unha boa manobra na área de Jairo.