Publicador de contidos

Publicador de contidos

Greenpeace deberá pagar centos de millóns de dólares á empresa Energy Transfer

Greenpeace deberá pagar centos de millóns de dólares á empresa Energy Transfer

O xurado dá a razón á compañía de oleodutos Energy Transfer que pedía 300 millóns de dólares por unhas protestas en 2016

A xente participa nunha protesta /Helmut Fohringer/Foto de arquivo/Europa Press A xente participa nunha protesta /Helmut Fohringer/Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 19/03/2025 22:35

Un xurado popular ditou que a organización Greenpeace debe pagar centos de millóns de dólares en danos e prexuízos á empresa Energy Transfer (ET) por incitar unhas protestas contra a construción dun oleoduto da compañía que dexeneraron en actos de vandalismo.

O xurado declarou a Greenpeace responsable de difamación e outras demandas presentadas por ET, que lle acusou de instigar as protestas da tribo sioux de Standing Rock en 2016 contra a construción do oleoduto Dakota Access, no norte do país, que atrasaron o proxecto e elevaron os custos.

A empresa enerxética, con sede en Dallas (Texas), reclamaba 300 millóns de dólares (uns 287 millóns de euros), unha cifra que a propia organización ecoloxista declarou que poñería en ameaza a súa propia existencia.

Greenpeace negara as acusacións de ET, alegando que simplemente apoiou esas protestas e non é responsable do desenvolvemento das mesmas.

O xurado, composto por nove persoas, tomou a súa decisión tras dous días de deliberacións nun tribunal de Dakota do Norte (Estados Unidos) e un xuízo que durou case un mes. Na súa demanda, ET incluía ás entidades Greenpeace International, Greenpeace Inc e a Greenpeace Fund.

Protestas polo oleoducto

Durante as protestas, que tiveron lugar entre 2016 e 2017, miles de persoas acamparon durante meses argumentando que o oleoduto se estaba construíndo en terras sacras e que podía supoñer un perigo para a subministración de auga.

 "Greenpeace tomou un asunto local pequeno e desorganizado e explotouno para pechar o oleoduto e promover a súa propia axenda egoísta", afirmou un dos avogados da empresa, Trey Cox, durante o xuízo.

A organización asegura que, con esta demanda, Energy Transfer "utilizou o sistema legal estadounidense como arma para tentar silenciarnos nun momento en que as nosas voces son máis necesarias".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade