Greenpeace cerra durante horas o Ministerio de Agricultura para pedir o peche de macrogranxas
Greenpeace cerra durante horas o Ministerio de Agricultura para pedir o peche de macrogranxas
Os activistas, que de madrugada se encadearon ás sete portas da sede ministerial, foron desaloxados pola policía ás 10:00 da mañá
Efectivos da Policía Nacional desaloxaron a vintena de activistas de Greenpeace que desde primeira hora da mañá cerraban os accesos ao Ministerio de Agricultura para esixir ao Goberno o peche das macrogranxas e frear a contaminación da auga que provocan.
Os activistas encadeáronse ás 5:30 da mañá ás sete portas que dan acceso ao Ministerio de Agricultura. O seu desaloxo produciuse contra as 10:00, e nel interviñeron, amais da policía, bombeiros, que cortaron con radiais as cadeas.
Segundo fontes de Greenpeace, o desaloxo produciuse sen incidentes e tras a protesta farán entrega do medio millón de sinaturas que recolleron para esixir a fin da gandería intensiva.
Vestidos cun mono vermello, os activistas franqueaban as portas do ministerio parapetados por pancartas amarelas en que podía lerse: "Pechade as macrogranxas xa!", "As macrogranxas envelenan a auga" ou "499.999 firmas contra as macrogranxas. Ministro Planas, falta a túa".
🔴ACCIÓN🔴
— Greenpeace España (@greenpeace_esp) March 16, 2023
CERRAMOS el Ministerio de Agricultura hasta que el ministro CIERRE las MACROGRANJAS.
Nos anclamos en todos los accesos y vamos a resistir.
Sacrificar cientos de millones de animales al año es CRUEL, envenena el aire, el suelo y, especialmente, nuestras aguas.
¡BASTA! pic.twitter.com/XgpRNbuCtP
"Traemos medio millón de firmas de persoas que esiximos a fin das macrogranxas. É o momento de que Planas pase á acción. O futuro do planeta e da auga pasa por cambiar o modelo agroalimentario", afirmou o responsable da campaña de agricultura de Greenpeace, Luís Ferreirim, que asegurou que a gandería industrial está a destruír o planeta.
Para frear esta destrución, a organización ecoloxista reclama ao Goberno a posta en marcha dun plan para reducir un 50 % a cabana gandeira intensiva para 2030.