Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hai 80 contaxiados nunha residencia de maiores de Bembrive

Hai 80 contaxiados nunha residencia de maiores de Bembrive

Todos están ben, sen síntomas ou con síntomas moi leves

G24.gal 11/01/2022 17:17

Na área de Vigo, a residencia de maiores de Bembrive notificou 80 usuarios contaxiados. Todos están ben, sen síntomas ou con síntomas moi leves.

Este luns o persoal de Política Social fixou unha visita de revisión no centro. A residencia funciona con total normalidade.

A conselleira de Política Social confirmou que practicamente todos os usuarios de residencias de Galicia contaxiados están pasando a enfermidade con síntomas leves ou mesmo sen eles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade