Pouca actividade comercial de última hora para os agasallos da Noiteboa
Horas antes da Noiteboa, nas xogueterías do centro de Santiago non hai moita actividade nin xente facendo recados.
Os libros infantís gañan adeptos nas cartas a Papá Noel fronte aos xoguetes.
Papá Noel está aí, si, pero, en plena Noiteboa sorprende, que pasa algo inadvertido. Semella que os Reis gañan a partida. Chamounos a atención ver unha tenda de xoguetes, un 24 de decembro, sen xente.
A falta de actividade comercial ten os xogos algo apagados. Hai xoguetes que, aínda que se busquen, levan tempo esgotados.Un koala que se move ou un porquiño con acción son algúns dos xoguetes que levan máis dun mes fóra de mercado.
Moi repetido este ano nas cartas a Papá Noel, os xogos de mesa, de interior. Ademais dos clásicos de sempre, como as videoconsolas e as bonecas.
Pouca actividade na xoguetería pero, miramos fóra e sorpréndenos ver que, na libraría de en fronte, a actividade é constante. Vendo o ambiente dunha e outra tenda, concluímos que, polo menos este 24 de decembro, baixo as árbores da Noiteboa haberá máis letras que bebés choróns ou quizais non, porque a noite é longa e, oficialmente, máxica. E aínda quedan os Reis.