Cargando resultados...
Herlings, o gran rival de Jorge Prado, perderá dúas citas do MXGP
Herlings, o gran rival de Jorge Prado, perderá dúas citas do MXGP
Confirmouse a fractura dunha das vértebras cervicais despois da caída no Gran Premio de Alemaña
G24.gal
13/06/2023 20:48
O máximo rival de Jorge Prado, Jeffrey Herlings, perderá polo menos as dúas seguintes citas do mundial por lesión. O neerlandés caeu da moto no pasado Gran Premio de Alemaña na primeira rolda do evento.
Tras pasar as probas médicas detectóuselle unha fractura nunha vértebra. Se os prazos de recuperación se cumpren, regresaría para o Gran Premio da República Checa. Esta baixa obrigada de Herlings deixa a Prado con mellores opcións de conseguir afastarse máis na clasificación xeral do mundial. Prado ten 67 puntos máis que Herlings e é líder do campionato.