Cargando resultados...
Hernán Pérez fai autocrítica: cre que bo xogo é o que ten que atraer a afección
Hernán Pérez fai autocrítica: cre que bo xogo é o que ten que atraer a afección
O Lugo persegue en Vilarreal manter a boa serie como visitante
Foto @CDeportivoLugo
G24.gal
15/09/2022 16:38
Última actualización 15/09/2022 16:59
O Lugo persegue en Vilarreal manter a boa serie como visitante. De momento, balance dunha vitoria e un empate.
Coa fe intacta afronta o Lugo a súa terceira viaxe da temporada a Vilarreal. Unha fe baseada en feitos, porque de visitante non perdeu: un empate en Tenerife e unha vitoria en Zaragoza, ambas prazas de prestixio, dan para crer.
"Temos claro o camiño. Temos que ser un equipo valente. A mellor maneira de avanzar é con puntos"
Na liña trazada polo presidente Saqués, Hernán Pérez asume a responsabilidade de atraer a afección.
"Igual nós temos que xerar máis cousas, temos que facer que se enganchen máis, gañar partidos cun xogo vistoso".