Cargando resultados...
Homenaxe en Ribadeo a vítimas represaliadas durante a guerra civil
Homenaxe en Ribadeo a vítimas represaliadas durante a guerra civil
Corenta lastras lembran o pasamento doutros tantos veciños
A iniciativa enmárcase no proxecto Pedras da Memoria
G24.gal
03/04/2022 08:17
Unhas pequenas lastras cunha placa co nome lembran en Ribadeo a corenta persoas que foron represaliadas durante a guerra civil e o franquismo. Situadas en lugares estratéxicos, fronte a onde viviron, traballaron ou faleceron, manteñen viva a memoria duns veciños que morreron por defender o réxime vixente daquela.
Ademais desta iniciativa, enmarcada dentro do proxecto Pedras da Memoria, tamén se contactou coa familia destas vítimas.
Anacos de lembranza de vidas truncadas e esquecidas que agora se recuperan cunha homenaxe na vila na que viviron e morreron.