Cargando resultados...
Hostaleiros e comerciantes de Vimianzo protestan pola situación económica
Hostaleiros e comerciantes de Vimianzo protestan pola situación económica
Pechan os seus negocios polo encarecemento da vida en xeral
Din que non queren subvencións, só solucións
G24.gal
28/03/2022 14:26
Toda a hostalería de Vimianzo, ao igual que a doutros concellos galegos, baixou a súa reixa.
O comercio quixo sumarse a este paro que nas localidades de Baio, Vimianzo e Ponteceso está a ter un seguemento de case o 95 por cento.
Con este paro din que non se trata só de non abrir, senón tamén de non consumir, ou de facelo só o imprescindible.
Protestan polo encarecemento da vida en xeral e polos prezos da electricidade e dos combustibles.
Por todo isto din que non queren subvencións nin parches, só solucións.