Hugo Mallo, Carles Pérez, Óscar Rodríguez e Haris Seferofic marchan do Celta
Hugo Mallo, Carles Pérez, Óscar Rodríguez e Haris Seferofic marchan do Celta
Hugo Mallo ofrece esta tarde unha conferencia de prensa que servirá para despedirse do Celta
Carles Pérez, Óscar Rodríguez e Haris Seferofić volverán aos seus clubes de orixe despois de finalizar a súa etapa como cedido
Hugo Mallo ofrece esta tarde unha rolda de prensa que servirá para despedirse do Celta. É o terceiro xogador con máis partidos no conxunto vigués.
Formado nas categorías inferiores do Celta aínda que comezou xogando no equipo da localidade pontevedresa Salgueiriños, no cal xa destacaba e formaba parte de categorías superiores á da súa idade. Na categoría infantil fichou polo Pontevedra C. F., onde permaneceu un ano, xa que ao seguinte ficharía polo seu actual club.
Por outra banda, o Celta informa que Carles Pérez, Óscar Rodríguez e Haris Seferofic volverán aos seus clubes de orixe despois de finalizar a súa etapa como cedidos
𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 📣 Carles Pérez, Óscar Rodríguez e Haris Seferofić volverán aos seus clubes de orixe despois de finalizar a súa etapa como cedidos no #RCCelta
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) June 9, 2023
Queremos agradecer o seu esforzo e implicación, desexarlles a maior das sortes nos seus futuros profesionais e persoais.