Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 70 vítimas da violencia machista buscan traballo na Limia co programa Hypatia

Máis de 70 vítimas da violencia machista buscan traballo na Limia co programa Hypatia

O proxecto desenvólvese nos concellos de Xinzo, Sandiás e Vilar de Barrio

G24.gal 26/09/2023 20:37 Última actualización 26/09/2023 21:19

A Xunta avoga por colaborar cos concellos para erradicar a violencia de xénero e axudar as mulleres máis vulnerables a atoparen traballo. 

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade coñeceu este martes o programa Hypatia que con esa finalidade desenvolven os concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Sandiás.

No programa, que vai pola segunda edición, participan 76 mulleres. Elena Rivo destacou a importancia da inserción laboral como arma para acabar coa violencia de xénero. O programa Hypatia está financiado pola Xunta e o Fondo Social Europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade