Cargando resultados...
Iago Aspas apunta ao Camp Nou con 17 goles e sen a presión de batallar pola permanencia
Iago Aspas apunta ao Camp Nou con 17 goles e sen a presión de batallar pola permanencia
Cando o Celta xoga contra o Barcelona é inevitable falar de Iago Aspas: marcoulle 9 goles nas 7 últimas temporadas.
G24.gal
09/05/2022 15:39
Última actualización 09/05/2022 15:45
Iago Aspas apunta ao Camp Nou con 17 goles e sen a presión de batallar pola permanencia. É a sétima temporada consecutiva en que Aspas, o xogador máis decisivo na historia do Celta, pasa de 14 goles, só superado por Benzema.
Cando o Celta xoga contra o Barcelona é inevitable falar de Iago Aspas. Marcoulle 9 goles nas 7 últimas temporadas. Momentos incribles, como o empate da primeira volta logo de chegar ao descanso cun 0-3 na contra. Aspas, candidato outro ano máis ao Trofeo Zarra, contra Ter Stegen, un porteiro dese espectacular terceto da Liga Ter Stegen-Oblak-Courtois.