Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iago Aspas regresa á selección tras case catro anos de ausencia

Iago Aspas regresa á selección tras case catro anos de ausencia

Con Aspas tamén está Joselu, os dous van convocados para os partidos de clasificación para a Eurocopa con Noruega e Escocia

Carvalhal: Chegamos nun punto de moita consistencia. Pero hai que facer máis e mellor"

Gabri Veiga e Nico González, convocados pola sub-21

G24.gal 17/03/2023 11:37 Última actualización 17/03/2023 14:32

O cambio de seleccionador supón a nova oportunidade no combinado nacional español á que Iago Aspas nunca renunciara. Luís de la Fuente incluíu o moañés na súa primeira lista para os compromisos fronte a Noruega e Escocia, o cal supón o seu regreso despois dunha ausencia de case catro anos.

Luis de la Fuente explicou os motivos da súa convocatoria:

"É un gran futbolista para min. Está nun gran momento. Ten diferentes rexistros"

O dianteiro do Celta nunca deixara de reivindicarse a base de goles, e na antesala desta citación anotou dous a pasada fin de semana no triunfo por 3-0 do cadro vigués ante o Raio Vallecano en Balaídos.

Estas foron as primeiras palabras do internacional moañés:

"Terei que demostrar ao seleccionado que merezo ter minutos. Agora hai un seleccionador novo, está a premiar a compañeiros que se cadra non premiaba o outro seleccionador e tentar demostralo no terreo de xogo"

Non está Gabri Veiga e si o tamén canteirán vigués Joselu Mato, citado por primeira vez aos seus 32 anos.

Carvalhal amosou tamén a súa ledicia: 

"É unha felicidade moi grande. É unha convocatoria moi merecida. Polos seus números e polo seu compromiso"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos