Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iago Aspas, Joselu Mato e Borja Iglesias xa están na concentración da selección

Iago Aspas, Joselu Mato e Borja Iglesias xa están na concentración da selección

Esta tarde comezarán a preparar os partidos ante Noruega e Escocia, de clasificación para a Eurocopa

G24.gal 20/03/2023 13:44 Última actualización 20/03/2023 15:24

Borja Iglesias foi o último en facer a maleta. Onte pola noite recibiu a chamada do seleccionador tras a lesión de Moreno.

Hai tres galegos, os tres dianteiros, convocados coa selección absoluta. A imaxe desta mañá foi a de Iago Aspas chegando ás Rozas e xunto a el Joselu Mato e Borja Iglesias.

Para o de Silleda, esta é a súa primeira internacionalidade coa absoluta:

"Moi contento, emocionado, con ganas de xuntarme cos meus compañeiros"

Un de Moaña, outro de Silleda e o Panda de Santiago. Entre os 3 suman 36 goles, 12 por cabeza. Números que non pasan desapercibidos para o novo seleccionador. Esta tarde comezarán a preparar os partidos ante Noruega e Escocia, de clasificación para a Eurocopa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos