Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iberdrola porá en marcha a primeira hidroeléctrica reversible de Galicia

Iberdrola porá en marcha a primeira hidroeléctrica reversible de Galicia

Este tipo de centrais están pensadas para almacenar enerxía

G24.gal 04/01/2024 20:34 Última actualización 04/01/2024 20:43

Iberdrola vai construír a primeira central hidroeléctrica reversible de Galicia. É reversible porque poderá almacenar a enerxía. Terá unha potencia de 900 megawatts e estará en Vilariño de Conso.

A infraestrutura consiste en empregar dous encoros a distinta altura para bombear auga nos momentos en que sobra enerxía e poder tela almacenada.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica desbloqueou este proxecto e tamén o que a empresa andaluza Magtel quere poñer en marcha nas Pontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade