Galicia lidera a produción de enerxía hidráulica en España
Galicia lidera a produción de enerxía hidráulica en España
Na visita á central hidroeléctrica de Vilamartín de Valdeorras, en Ourense, Alfonso Rueda dixo que a Xunta vai seguir traballando a prol das enerxías verdes
Iberdrola vai construír en Vilariño de Conso a que será a maior central hidroeléctrica de España
Galicia pechou o 2024 cun aumento do 20% da produción de enerxía hidráulica liderando a produción nacional desta fonte de enerxía. O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou "o enorme potencial de Galicia nas enerxías renovables" e dixo que a auga e o vento son o noso "petróleo".
Na visita á central hidroeléctrica de Vilamartín de Valdeorras, en Ourense, Rueda asegurou que o Goberno galego vai seguir apostando polas enerxías verdes.
"Temos que seguir por este camiño, da man das empresas que crean emprego en Galicia e da man dos concellos onde se van ubicar estas instalacións, constatando que supoñen un beneficio enorme para todos", asegurou.
Iberdrola vai construír en Vilariño de Conso a que será a maior central hidroeléctrica de España.