Publicador de contidos
Publicador de contidos

'21 días co galego' chega a 10 colexios e a máis de 4.000 alumnos,

'21 días co galego' chega a 10 colexios e a máis de 4.000 alumnos,

Dez centros escolares asumen un programa de actividades destinadas a vivir completamente en galego durante tres semanas

G24.gal 31/01/2025 14:26

Pasaron xa trece anos desde que unha profesora de galego da Pobra do Caramiñal iniciaba cos seus alumnos a experiencia de vivir completamente en galego durante tres semanas completas. Agora, a iniciativa 21 días co galego chega a 10 colexios e a máis de 4.000 alumnos, cun completísimo programa de obradoiros, contacontos e música en que colabora a CRTVG.

"Se perdemos o noso idioma perdemos parte da nosa identidade", declarou unha das nenas pandeireteiras de Betanzos. O seu grupo chámase Pirimpinpín, e foi primeira actuación dos 21 días co galego e máis deste 2025. No ano Castelao, en que as Cantareiras son protagonistas do Día das Letras, a iniciativa quere ser un novo aliciente para animar o uso da lingua.

"O que queremos é que os rapaces acollan o galego nas súas vidas e que o falen dentro e fóra das aulas", dixo Pilar Ponte, profesora de galego que iniciou a experiencia dos 21 días. 

Nun colexio de Betanzos, moitos nenos din que usan o galego acotío na casa, sobre todo cos avós, pero non tanto entre eles, na escola. 

"A xeración con máis competencia para ler, escribir, falar e entender o galego, pero o problema é que non o usan nas idades máis temperás. O que pretendemos é fomentar ese uso e que os centros educativos sexan ámbitos de socialización na nosa lingua", explicou Valentín García, o secretario xeral da Lingua.

Que se use o galego nos corredores, no recreo, que se impliquen os docentes, pero tamén as anpas, para preservar e revitalizar a lingua, ese é o obxectivo deste programa que terá un acto central o Día da Lingua Materna. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade