Os escolares regresan ás aulas con preguiza e ganas a partes iguais
Os escolares regresan ás aulas con preguiza e ganas a partes iguais
Pequenos e maiores recuperan as súas rutinas tras as vacacións do Nadal
Despois das longas e merecidas vacacións do Nadal, a volta ao cole pode supoñer un reto, sobre todo para os máis pequenos da casa.
"Custoulles madrugar, sobre todo, ao maior. E onte xa estaban tristes porque comezaban as clases". "Eu noto que de vacacións están ben, pero unha vez aquí xa están contentos".
E por iso, aos máis preguiceiros, en canto chegaron ao cole, xa lles cambiou o ánimo...
"Vimos con ganas de ver os amigos e recuperar a rutina... Os pais e os nenos...".
E iso que, nas primeiras horas desta xornada en que se recupera o calendario escolar, houbo momentos de chuvia e vento que complicaron, en certa medida, a chegada aos centros educativos.
"Temporal... Pero xa pasou. O que pasa é que isto engada porque está todo negro e en calquera momento... Pero ben, é o primeiro día de cole e hai que aturar o que sexa". "A volta sempre custa e chovendo máis, pero vimos con ganas e enerxía... A ver se vai todo ben".
Pois para que así sexa... amais da actitude, é importante tamén establecer unha rutina para que os nenos se adapten mellor ao ritmo escolar.