Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iglesias, a Díaz: "Non sei en que axuda esa ensalada de hostias"

Iglesias, a Díaz: "Non sei en que axuda esa ensalada de hostias"

O exvicepresidente do Goberno responde ás críticas de Yolanda Díaz

Desde Podemos evitan o enfrontamento e din que seguen tendendo á man a Sumar

Imaxe de arquivo de Yolanda Díaz xunto Pablo Iglesias
G24.gal 17/04/2023 15:16

Yolanda Díaz eleva a tensión entre Sumar e Podemos. Nunha entrevista en televisión, a vicepresidenta segunda asegurou que os morados non queren a confluencia e centrou as críticas en Pablo Iglesias, que a nomeara a súa sucesora.

Díaz dixo que se enfadou con esta designación, e afirmou que Iglesias segue liderando Podemos na sombra. O exvicepresidente lamenta esta actitude, e responde ás acusacións.

"Se algo non che gusta, a ninguén lle obrigan a aceptalo. E non sei en que axuda a ensalada de hostias de onte a que nos vaia ben nas eleccións municipais e autonómicas", dixo Iglesias.

Ione Belarra reivindica o esforzo de Podemos pola unidade da esquerda, e téndelle a man a Sumar. "O noso compromiso está claro, se hai vontade de asinar ese acordo para unhas primarias abertas, eu estou dispoñible esta tarde", dixo a ministra e secretaria xeral de Podemos.

Díaz tamén acusou de machismo a Pablo Iglesias e a Pedro Sánchez. As ministras socialistas rebaten a líder de Sumar. "Todas medidas que tomamos desde 2018 poñen de relevo que o noso é un Goberno, cun presidente feminista, e sorpréndeme que poida dicir o contrario", dixo Nadia Calviño, vicepresidenta primeira.

Amais, a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo criticou a actuación de Fernando Grande-Marlaska na traxedia de Melilla, e suxeriu que se fose presidenta obrigaríao a dimitir. As palabras de Díaz molestan en Ferraz, onde recoñecen estrañeza ante os ataques da vicepresidenta segunda a membros do Executivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade