Publicador de contidos
Publicador de contidos

Igualdade pídelle unha reunión ao PSOE para acordar a reforma da lei do só si é si

Igualdade pídelle unha reunión ao PSOE para acordar a reforma da lei do só si é si

Irene Montero cre que a diferenza co socio non é técnica, senón "profundamente política"

Este martes iníciase no Congreso a tramitación pola vía de urxencia da proposta do PSOE

G24.gal 13/02/2023 08:53 Última actualización 13/02/2023 15:04

A reforma da lei do só si é si segue acaparando titulares. Nunha entrevista en La Vanguardia, a ministra de Xustiza defendeu que este "non é o momento de buscar responsables, senón o momento de poñer solucións". Pilar Llop asegura que a proposición de lei rexistrada polo PSOE no Congreso vai supor "a solución técnica viable" para acabar coas rebaixas de condenas a agresores sexuais.

Pero a súa proposta, a de endurecer as penas para os casos con violencia, segue sen contar co apoio do Ministerio de Igualdade, que volveu solicitar unha reunión co PSOE. "Canto antes nos sentemos, antes poderemos chegar a un acordo", dixo Irene Montero ante a prensa.

A ministra considera que a diferenza entre os socios "nunca foi un problema técnico porque hai respostas técnicas suficientes para chegar a un acordo", senón que é "profundamente política".

Cren, en Unidas Podemos, que os socialistas ceden ás presións da dereita. Xa lles respondeu a ministra de Facenda. "Dende o PSOE imos preservar o Goberno de coalición e imos evitar facer calquera comentario ofensivo para calquera persoa", declarou María Jesús Montero ante os xornalistas.

O PSOE segue derivando as negociacións ao Congreso. Alí, este martes, darase o primeiro paso para tramitar pola vía de urxencia a reforma presentada polos socialistas en solitario.

O PP xa anunciou que votará a favor porque "non hai tempo que perder". Aínda así, Borja Sémper, voceiro do comité de campaña do PP, cre que "o ideal tería sido que a iniciativa presentada polo PP en decembro non se bloqueara polo Goberno e os grupos que o sustentan".

Tamén informou de que os negociadores do PSOE aínda non contactaron cos populares para abordar esta reforma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade