Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colexios de educación especial celebran o II Campionato Barista

Colexios de educación especial celebran o II Campionato Barista

Parellas de 5 centros galegos demostran as súas habilidades facendo diferentes tipos de café

O enfoque non é a competitividade, senón unha xuntanza na que demostren que a diversidade non ten límites

G24.gal 15/05/2024 14:57

Co lema "A diversidade é ser convidado á festa", comezou a festa no boirense pazo de Goiáns. Festa de aromas, de expresso, de cappuccino e, sobre todo, festa porque o evento vai moito máis aló que un campionato.

Marcos Santamaría, organizador do campionato di que "se trata dunha xuntanza para que les disfruten, non promoven a competitividade, soben ao palco co profesor que os preparan, e que despois organizan obradoiros para que estean entretidos".

Parellas de 5 centros galegos de educación especial e da especialidade de hostalería demostran hoxe que capacitación e integración son os ingredientes perfectos para un bo café. Santamaría di que a capacidade de superación é incrible, que non teñen barreiras, que poden chegar a onde queiran. Todos temos moito que aprender deles, pódennos aprender moitísimo das capacidades que teñen estes rapaces, sobre todo de cariño e de agradecemento".

O desafío non é tanto o premio como demostrar o que xa demostraron, que a diversidade non ten límites. Rematou a festa, con máis festa e cun aroma e sabor a café moi especial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade