Illaix Moriba chega ao Celta como cedido
Illaix Moriba chega ao Celta como cedido
O canteirán do Barça reforza o mediocampo, e pode xogar tanto de pivote como de interior
O xogador provén do Red Bull Leipzig alemán, pero xogou a pasada campaña no Xetafe
O Celta ten novo mediocentro. O guineano Illaix Moriba encadea outra cesión e chega ao conxunto celeste para reforzar a posición do pivote. Con esta fichaxe, Claudio Giráldez ten o reforzo que pedía na medular de cara á tempada.
Illaix chega despois de xogar no Xetafe, onde foi intermitente e non acabou de entrar no once inicial. O guineano ten experiencia na liga nas filas do Barça, Valencia, e do xa nomeado equipo madrileño.
Nesta nova cesión, tentará volver a coller o seu mellor nivel e ser importante ás ordes de Giráldez. A de Moriba é a segunda fichaxe do Celta, e prevese que non haberá moitos máis movementos. Falábase dun dianteiro, e chegou Borja Iglesias, e agora tamén está cuberto o mediocentro.