Publicador de contidos
Publicador de contidos

Impulsa Galicia e Altri presentan en Bruxelas a biofábrica téxtil de Palas de Rei

Impulsa Galicia e Altri presentan en Bruxelas a biofábrica téxtil de Palas de Rei

Mais de 100 enxeñeiros de varios países traballan no proxecto e o grupo ten unha sede na Coruña

Presentación do proxecto da téxtil de Altri de Palas en Bruxelas Presentación do proxecto da téxtil de Altri de Palas en Bruxelas
G24.gal 23/04/2023 11:28 Última actualización 23/04/2023 11:56

A sociedade público–privada Impulsa Galicia e Altri presentaron ante a Comisión Europea o proxecto da fábrica de fibras téxtiles sostibles que a papeleira portuguesa prevé levantar en Palas de Rei.

Á reunión asistiron a directora xeral de Impulsa Galicia, Enyd López; o conselleiro delegado e o vicepresidente do comité executivo de Altri, José Pina e Carlos Van Zeller, respectivamente; a responsable da unidade de economía circular, produción sostible e consumo do departamento de Medio Ambiente da Comisión Europea, Emmanuelle Maire, e José María Ramos Florido, da Dirección Xeral de Medio Ambiente.

Os responsables do proxecto que permitirá a produción de fibras téxtiles sostibles a partir de madeira certificada de Galicia e residuos téxtiles fixeron fincapé no carácter pioneiro dunha iniciativa que, ao seu xuízo, converterá a Europa en "referente de economía circular no sector téxtil".

O proxecto

Este proxecto tractor prevé fabricar en Galicia unhas 200.000 toneladas anuais de fibra téxtil sostible cun investimento superior aos 800 millóns de euros.

Estímase que o centro suporá a creación de 2.500 postos de traballo directos e indirectos e que xere sinerxias con outros sectores clave da economía galega, como o forestal e o téxtil. É o único destas características previsto actualmente en Europa.

A papeleira portuguesa Altri é o líder industrial que custeará o deseño e o desenvolvemento da iniciativa ata levala ao momento do investimento.

Despois de anunciar que o complexo se instalará en Palas de Rei, Altri avanza no estudo de impacto ambiental e nos proxectos, financiamento e acceso aos fondos europeos.

Máis dun cento de enxeñeiros de distintas partes do mundo traballan no proxecto da fábrica de fibras téxtiles sostibles e a compañía ten unha sede permanente na Coruña, cunha ducia de empregados.

En decembro o presidente da Xunta anunciou a declaración desta iniciativa como proxecto industrial estratéxico para Galicia, para facilitar os trámites administrativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade