Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acougo en Burela porque toda a tripulación do Novo San Juan está a salvo

Acougo en Burela porque toda a tripulación do Novo San Juan está a salvo

Polo momento non se sabe que vai pasar co barco, moi afectado polas lapas

G24.gal 02/07/2023 20:29 Última actualización 02/07/2023 21:05

En Burela, no porto base do palangreiro incendiado, agardan con impaciencia pero con alivio a chegada da tripulación do Novo San Juan. 

Un mariñeiro que pasou os últimos sete anos antes de xubilarse traballando no buque conta as bondades do que considera un dos mellores pesqueiros da vila.

Segundo o conselleiro de Pesca Alfonso Villares, que falou co armador, están tranquilos porque non houbo vítimas, pero moi afectados por unha traxedia que pon en perigo o sustento de moitas familias.

Polo de agora, non se pode especular sobre as causas do lume e aínda é cedo para saber que vai pasar co barco, moi afectado polas lapas. A ledicia do rescate da tripulación mestúrase coa mágoa polos danos materiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos