Publicador de contidos
Publicador de contidos

A venda de madeira increméntase debido ao elevado prezo da enerxía

A venda de madeira increméntase debido ao elevado prezo da enerxía

Os consumidores cambian á leña polo aforro fronte á electricidade e aos combustibles 

G24.gal 05/09/2022 15:39

A leña está arestora no punto de mira dos consumidores. As facturas da luz fan que moitos cambien a electricidade pola madeira.  Os consumidores adiantan a compra porque temen que se encareza o prezo.

Comunidades de Montes e empresas privadas advirten que co incremento dos combustibles tamén é máis cara a extracción da madeira.

Unha casa precisa entre 3 camións de madeira que custan uns 600 euros para cubrir as necesidades de todo o ano, polo que se reduce moito o gasto. A maioría dos clientes buscan leña para quecer os seus fogares, e algúns mesmo tamén para cociñar.

O sector prevé que a demanda desta materia prima siga medrando, á par que medra a inflación.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade