Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identificados varios mozos polo ataque a unha residencia universitaria en Valencia

Identificados varios mozos polo ataque a unha residencia universitaria en Valencia

Hai varios identificados e unha investigación aberta

G24.gal 22/09/2023 13:10

Uns 200 mozos achegánse de noite a un colexio maior mixto de Valencia. Escóitanse cánticos contra os residentes e comeza o lanzamento de bolsas de lixo, ovos e fariña. Mesmo hai quen se atreve cun valo metálico.

A sorpresa inicial muda a tensión. No interior do colexio os residentes refúxianse nos cuartos e hai testemuñas que din ver xente chorando. A dirección ordena pechar portas e impide saír os alumnos. O ataque durou preto dunha hora e só parou coa chegada da policía.

"Semella que fixeron un botellón. Dispersaron e logo viñeron aquí", conta unha testemuña.

Hai varios identificados e unha investigación aberta, porque detrás pode estar a rivalidade entre dúas residencias universitarias nunha noite de novatadas. De aí que algúns dos asaltantes foran disfrazados. 

"Os colexios maiores teñen piques e rivalidades", di un estudante, "pero u creo que tan forte non. Algnha parvada sempre se fai, pero non así", engade outro.

A residencia atacada estuda presentar unha denuncia polos feitos, e a Universidade Politécnica de Valencia tamén avalía emprender accións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade