Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inditex pecha temporalmente as súas 84 tendas franquiadas en Israel

Inditex pecha temporalmente as súas 84 tendas franquiadas en Israel

"As nosas tendas permanecerán pechadas temporalmente e os prazos de devolución ampliaranse 30 días desde a súa reapertura", reza a mensaxe que se pode ler nas páxinas webs das diferentes marcas

G24.gal 10/10/2023 13:36

A multinacional española Inditex pechou temporalmente as 84 tendas franquiadas que ten en Israel debido á nova guerra entre o país e as milicias palestinas de Gaza, segundo confirmaron a EFE desde a propia compañía.

"O noso franquiado informou os clientes do peche das tendas a través das páxinas webs das nosas marcas", asegurou a empresa, propietaria de marcas como Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti ou Bershka.

"As nosas tendas permanecerán pechadas temporalmente e os prazos de devolución ampliaranse 30 días desde a súa reapertura", reza a mensaxe que se pode ler nas páxinas webs das diferentes marcas. 

Inditex conta cun total de 84 locais de todas as marcas da compañía excepto Oysho, operadas baixo franquía. Estes establecementos son principalmente de Zara (26) e Pull&Bear (25), aínda que tamén hai de Bershka (15), Stradivarius (14), Massimo Dutti (2) e Zara Home (2).

Pola súa banda, a cadea sueca H&M, que conta cunha vintena de tendas en Israel, está a advertir os seus clientes de que "debido á situación, pode haber atrasos nos prazos de entrega" das compras por Internet.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade