Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inglaterra reintroduce os test previos á viaxe tamén para persoas vacinadas

Inglaterra reintroduce os test previos á viaxe tamén para persoas vacinadas

O goberno británico tenta retardar a incursión da variante ómicron

G24.gal 05/12/2021 08:21

O Goberno británico anunciou que vai reintroducir a obriga de someterse a un test de coronavirus antes de viaxar a Inglaterra para todas as persoas, incluídas aquelas coa pauta de vacinación completa.

O ministro de Sanidade, Sajid Javid, sinalou en Twitter que a medida se toma para tratar de "retardar a incursión da variante ómicron" da covid-19.

A pasada semana, Inglaterra volveu facer obrigatorias as máscaras nalgúns espazos públicos, como tendas e medios de transporte, e comezou a esixir de novo un test PCR aos dous días da chegada ao país. 

Listaxe vermella de destinos

O Executivo, que eliminara os test previos á viaxe a principios de outubro, agregará Nixeria a súa listaxe vermella de destinos a partir do próximo martes. Súmase nesa categoría a Suráfrica e cinco territorios da súa contorna.

"Nos últimos días detectamos un crecente número de casos (de ómicron) ligados a viaxes desde Nixeria", afirmou Javid.

Ata o de agora hai constancia de 27 casos en Inglaterra ligados ao país africano, "o segundo despois de Suráfrica en termos de vínculos coa ómicron", dixo.

Javid asegurou que as medidas anunciadas son "temporais" e agarda eliminalas "tan pronto como sexa posible".

Polo momento, confirmáronse ao redor de 160 casos da variante ómicron do coronavirus no Reino Unido, que este sábado comunicou 42.848 novas infeccións en total, tras dous días consecutivos por riba dos 50.000 contaxios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade