Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae un ciberdepredador sexual que enganaba menores para obter material pornográfico

Cae un ciberdepredador sexual que enganaba menores para obter material pornográfico

Ao detido considérano presunto autor dun delito de exhibición de material pornográfico a menores, agresión sexual a menor de 16 anos con acceso carnal e captación e utilización de menores para a elaboración de material pornográfico

A investigación segue aberta "ata dar a coñecer todos os nenos que aparecen nos 400.000 arquivos"

G24.gal 07/06/2024 12:52 Última actualización 07/06/2024 13:50

A Garda Civil detivo a semana pasada en Murcia un ciberdepredador sexual que enganaba nenas de 8 e 9 anos para obter material pornográfico. A operación Biscottu comezou grazas á denuncia de dous pais rioxanos tras ver material sensible nos dispositivos das súas fillas.

Segundo explicou o portavoz da Garda Civil na Rioxa, Miguel Ángel Sáez, o detido, de 22 anos  e que se atopa en prisión provisional sen fianza, era experto en "ocultarse na Rede" e utilizaba plataformas coñecidas de chat e xogo en liña para contactar coas vítimas facéndose pasar por unha nena de idade similar.

Unha vez que gañaba a confianza das menores, interactuaba con elas, de forma vehemente, a través da aplicación de mensaxería Zangi para que lle enviasen contido sexual a cambio de diñeiro virtual. No momento da detención, este contaba con dous terabytes con máis de 400.000 arquivos de contido pederasta.

A investigación segue aberta "ata dar a coñecer todos os nenos que aparecen neses arquivos", afirmou Sáez. As primeiras análises levadas a cabo determinaron "de forma ineludible" que este individuo é a persoa que interactuaba coas vítimas rioxana. Ata finalizar o estudo, a todos os soportes, atopáronse outros 300 vídeos de pornografía infantil nos que aparecen nenos e nenas de pouca idade, o que desencadeou diversas actuacións para lograr a súa plena identificación.

Ao detido considérano presunto autor dun delito de exhibición de material pornográfico a menores, agresión sexual a menor de 16 anos con acceso carnal e captación e utilización de menores para a elaboración de material pornográfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade