Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresan en prisión os tres acusados de agredir sexualmente unha menor en Écixa

Ingresan en prisión os tres acusados de agredir sexualmente unha menor en Écixa

Non descartan que fose vítima de submisión químicapero foi consciente do pesadelo que estaba a vivir

A nai de menor violada transmitiu aos medios o estarrecedor relato da súa filla
G24.gal 04/04/2024 21:07 Última actualización 04/04/2024 21:21

O xulgado de Écixa acordou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, dos tres presuntos implicados na violación grupal dunha menor de 17 anos a madrugada do domingo, acusados de agresión sexual.

A rapaza contoulle á familia que non coñecía os acusados, que se ofreceran a levala á casa a ela e a outro amigo á saída da discoteca. O relato deses vinte minutos de traxecto entre La Carlota, a 26 quilómetros, e Écixa, en boca da nai segundo llo contou a filla, é estarrecedor.

"Por iso ela montou no coche, se non non monta. Adormeceu. O amigo intentou espertala e ela non espertou. Chega á casa chorando cun ataque de nervios: violáronme, violáronme tres".

Non descartan que fose vítima de submisión química. Non se decatou de que o amigo marchaba, pero si, entre esvaecementos, foi consciente do pesadelo que estaba a vivir.

"Cando esperta, encontra que a están violando. Comeza a chorar dicindo: Son menor de idade, deixádeme na casa! E soltárona onde vivimos, tirárona no chan".

O Concello de Écixa pediulle á cidadanía prudencia e respecto para que non se difundan imaxes da menor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade