O proxecto Nós avanza para levar o galego á vangarda tecnolóxica
O proxecto Nós avanza para levar o galego á vangarda tecnolóxica
Tres novas ferramentas xa están dispoñibles para permitir a comunicación con dispositivos tecnolóxicos
Tres novas ferramentas dixitais permitirán que os usuarios se poidan comunicar en galego cos dispositivos tecnolóxicos. Trátase dun tradutor neuronal multilingüe, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego e convérteo nun texto e unha aplicación que a partir dun texto pode lelo en galego.
Son parte dos avances do proxecto Nós que busca introducir a lingua galega na vangarda tecnolóxica. Estas ferramentas estarán dispoñibles, de xeito gratuíto, para calquera persoa que as queira empregar.
Ademais, o Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, anunciou que proximamente, comezará "unha campaña de doazón, captación de voces, para que poidamos ter recompilada a gran variedade lingüística que temos en Galicia: fonética, dialéctica e de palabras concretas".