Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intensifícanse os contactos parlamentarios un día antes da votación da reforma laboral

Intensifícanse os contactos parlamentarios un día antes da votación da reforma laboral

O Goberno dá por feitos os apoios, pero non será cos socios de investidura, senón con Ciudadanos

G24.gal 02/02/2022 08:14

Todo apunta a que a votación da reforma laboral será axustada e sairá adiante coa fórmula que rexeitaban en Unidas Podemos. Con Ciudadanos e varios partidos minoritarios como Más País, Compromís ou Coalición Canaria.

De momento é a única opción posible, porque os socios de investidura, o PNV e Esquerra, seguen negándose a apoiar unha reforma que consideran pouco ambiciosa.

No Goberno non tiran a toalla e din que seguirán negociando con eles ata o final polo menos unha abstención. Cren que se votan en contra, xunto a Vox e o PP, terán que explicalo. 

O presidente do Goberno tamén se sumou ás negociacións, segundo explicou o propio Sánchez nunha conversa informal cos xornalistas antes de iniciar unha viaxe a Dubai, á que tamén asiste o presidente da CEOE. 

Empresarios e sindicatos dan por feito que se aprobará a reforma e a nivel interno xa traballan con ese suposto.   

De momento, a reforma conta con 170 votos a favor confirmados e 174 en contra. E hoxe a previsión é que se sumen ao bloque do si os 4 deputados do PdeCat e polo menos a unha abstención os 2 de UPN.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade