Interceptan en Arteixo o condutor dun monociclo eléctrico que levaba unha muller ás súas costas
Interceptan en Arteixo o condutor dun monociclo eléctrico que levaba unha muller ás súas costas
A Policía Local de Arteixo detivo o home, que tamén excedía o límite de velocidade permitido
A Policía Local de Arteixo realizou durante o mes de agosto controis a máis de 3.000 vehículos e rexistrou 194 infraccións contra distintas normativas relativas á seguridade como carecer de permiso de condución, cinco persoas buscadas por violencia de xénero, unha por quebrantar unha orde afastamento, ou tres buscadas por roubo.
Entre estas infraccións descubertas, unha das máis curiosas é a protagonizada por un condutor dun monociclo eléctrico que circulaba a unha velocidade que excedía o límite regulamentario e que levaba as súas costas unha pasaxeira.
Os axentes comprobaron ademais que o vehículo fóra modificado para anular o seu límite de velocidade máxima orixinal de 25 quilómetros por hora que é o que lle corresponde a un transporte deste tipo.
Noutra acción os axentes recuperaron un vehículo BMW Z1 localizado na Zapateira e que entregaron para a súa custodia na Policía Nacional. E un condutor exhibiu nun control un permiso de conducir arxentino falso.