Cargando resultados...
Intoxicados por monóxido de carbono cinco membros dunha familia en Vigo
Son un home, unha muller e os seus tres fillos, residentes na rúa Travesía
Todo parece indicar que se produciu unha fuga nun quentador de gas en mal estado
A rúa Travesía, onde vive a familia afectada
G24.gal
09/02/2025 10:34
Última actualización 09/02/2025 11:24
Cinco persoas dunha mesma familia tiveron que ser hospitalizadas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Vigo. Segundo informa o 112, todo parece indicar que se produciu unha fuga nun quentador de gas en mal estado.
O persoal sanitario do 061 encargouse de atender nun primeiro momento a nai, o pai e os seus tres fillos na vivenda situada na rúa Travesía. Despois, solicitaron a intervención doutros servizos.
Os bombeiros fixeron as medicións correspondentes e confirmaron o escape nun quentador deteriorado. Despois, procederon á ventilación das estancias do inmoble.