Invasión de xabarís no barrio ourensán de Covadonga
Invasión de xabarís no barrio ourensán de Covadonga
Os veciños denuncian a presenza diaria de dúas familias formadas polas nais e varias crías
Piden unha solución para botalos da zona polos estragos e o perigo que supoñen
Acontece practicamente a diario. Cando anoitece, pero tamén a plena luz do día, polo menos dúas familias de xabarís invaden parques e rúas no barrio ourensán de Covadonga. Ademais dos estragos que ocasionan, afirman que son un perigo porque non se asustan nin das persoas nin dos coches, polo que temen que en calquera momento poida haber un accidente.
Quéixanse de que os rapaces non poden case usar os parques nin os donos de mascotas sacar a pasear os cans con tranquilidade ao caer a tardiña. Chaman a policía, axótaos, pero volven outra vez, polo que piden unha solución definitiva.