Cargando resultados...
Investigado por gravar nas duchas dun equipo de cadete de balonmán feminino de Carballo
A Garda Civil iniciou unha investigación a raíz da denuncia de varios pais

G24.gal
23/04/2025 12:34
A Garda Civil abriu unha investigación polas presuntas gravacións realizadas nas duchas a varias xogadoras dun equipo cadete de balonmán de Carballo. Os feitos tiveron lugar supostamente no pavillón Vila de Noia, hai 3 semanas. As rapazas, de entre 15 e 16 anos, estaban nos vestiarios cando unha delas descubriu un teléfono móbil gravando cara á zona das duchas. As menores alertaron as súas familias e varios pais presentaron denuncias no cuartel carballés.
Polo de agora hai un home, veciño de Carballo, investigado por estes feitos.