Investigadoras do Campus de Ourense demostran os beneficios para saúde da planta da mostaza
Investigadoras do Campus de Ourense demostran os beneficios para saúde da planta da mostaza
Os resultados do estudo conclúen o valor antimicrobiano das follas e as propiedades neuroprotectoras dos extractos que se obteñen, por exemplo, das sementes
É a planta da mostaza. Na antigüidade usábase como remedio natural, pero pouco se sabe das súas propiedades.
Hoxe en día, ademais de ser un condimento moi usado na cociña, emprégase en zonas de oliveiras ou viñedo de Andalucía para combater os fungos e mellorar o chan.
Dúas investigadoras do campus de Ourense, Alicia Paz e María Figueiredo, decidiron estudar as potencialidades das distintas partes das planta.
Os resultados concluíron que a infusión realizada coas follas ten propiedades antimicrobianas. Un achado que abre novas posibilidades fronte á resistencia aos antibióticos.
Pero ademais o estudo demostrou que os extractos que se obteñen das sementes ou do aceite son neuroprotectores.
É dicir, que poderían axudar a combater o alzhéimer, xa que inhiben as encimas que inflúen no seu desenvolvemento.
Aínda queda moito que investigar, din, pero os primeiros resultados constatan os beneficios da mostaza para saúde e converten esta planta nunha alternativa de cultivo para os agricultores.