Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan as causas do incendio que calcinou catro remolques en Redondela

Investigan as causas do incendio que calcinou catro remolques en Redondela

Veciños alertaron aos bombeiros ao escoitar fortes estouridos e ver moito fume

As tarefas de extinción do lume duraron máis de cinco horas

G24.gal 18/06/2024 12:52

Catro remolques quedaron totalmente calcinados polo lume que se iniciou pasadas as dez da noite do luns nas instalacións dunha empresa de Redondela cando xa non había persoal traballando.  Segundo explicaron os bombeiros foi a chamada de varios particulares as que alertaron do incendio porque escoitaban explosións e vían moito fume saíndo dunha zona industrial. 

As tarefeas de extinción foron moi complicadas xa que no interior dun remolque había balas de lixo compactadas de grandes dimensións e a auga empregada polos bombeiros non penetraba ata o interior. Tiveron que usar escuma e tentar desembalar o lixo, o que requiriu moito esforzo. 

Máis de cinco horas traballaron os bombeiros ao longo da noite e pola mañá volvían para arrefriar a zona e impedir que o lume se reavivase. Hai unha investigación aberta, pero a causa podería estar nunha reacción química. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais e nin a nave nin a masa forestal lindeira quedaron afectadas polo lume. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade