Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan as causas do lume que calcinou parte dun edificio en Vigo

Investigan as causas do lume que calcinou parte dun edificio en Vigo

Os bombeiros tiveron que desaloxar as vivendas lindeiras por precaución e cortar a rúa Sanjurjo Badía

G24.gal 01/07/2023 11:32 Última actualización 01/07/2023 18:03

Investigan as causas do incendio que calcinou parte dun edificio situado no número 189 da rúa Sanjurjo Badía, no barrio vigués de Teis. Os bombeiros tiveron que rescatar un can que se atopaba só no primeiro andar.

Por precaución, desaloxaron as vivendas lindeiras e cortaron a rúa durante unha hora para poder meter varios camións e extinguir as lapas, que queimaron o tellado e o segundo piso. 

O inmoble, de dúas alturas, está á venda e en obras dende hai varios meses. Segundo a veciñanza, varias persoas viven de xeito ilegal no primeiro andar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade