Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan por violencia machista o home da Pobra que incendiou a casa coa muller dentro

Investigan por violencia machista o home da Pobra que incendiou a casa coa muller dentro

O home está detido á espera de pasar á disposición do xulgado de Ribeira

G24.gal 12/01/2023 20:51 Última actualización 12/01/2023 20:59

O incendio rexistrouse neste baixo da Mirandela, na Pobra do Caramiñal. Alí vive de alugueiro unha parella. Quen avisou das lapas foi a dona do inmoble, que vive no piso de enriba. Alertou de que non interior da vivenda incendiada estaba a inquilina, que ten problemas de mobilidade. Tratou de socorrela mentres non chegaban os equipos de extinción.

"No interior estaba unha muller encamada, e evacuámola ao exterior", relata Óscar Casais, sarxento xefe dos Bombeiros de Ribeira.

A muller precisou atención médica, pero a súa vida non corre perigo. Unha vez a salvo, comezou a investigación. A súa parella, un home de 68 anos, foi localizada nas inmediacións da vivenda. No interior, os bombeiros atoparon ata nove bombonas de butano manipuladas e material incendiario.
 

"O que puidemos comprobar é que en diferentes estancias da vivenda había puntos de ignición . Destaca tamén que no interior había un número elevado de bombonas de butano", afirma Óscar Casais, sarxento xefe dos Bombeiros de Ribeira.

Con estas evidencias de o que lume foi provocado, o home foi detido e os feitos pasaron a investigarse como un caso de violencia machista. O arrestado permanece no cuartel da Garda Civil de Boiro, á espera de pasar á disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira, que é o que se encarga do caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade