Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan se lle subministraron algunha droga á vítima dunha violación grupal en Vigo

Investigan se lle subministraron algunha droga á vítima dunha violación grupal en Vigo

A moza declarou que tras beber dun vaso que lle deran os supostos autores mareouse e despois quedou durmida

G24.gal 16/09/2022 16:27

Investigan se a presunta violación grupal da travesía de Vigo foi cometida tras drogar a vítima con algún tipo de substancia, e se, polo tanto, se trataría dun caso de submisión química. Os investigadores recolleron mostras para analizar a presenza de tóxicos no corpo da vítima,

Ese é un dos puntos en que está agora a investigación contra tres mozos de orixe dominicana de entre 19 e 29 anos, aos que a vítima coñecera de madrugada nun pub da zona de Areal. A moza declarou que tras beber un vaso que lle deran os investigados empezou a marearse e quedou durmida durante dúas horas.

A policía tamén intenta acreditar o grao de participación dos acusados, e se gravaron a rapaza cos seus móbiles. Os tres detidos permanecen polo de agora en prisión provisional á espera de que o xulgado decida se ratifica a medida.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade