Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos tres homes pola violación grupal da muller sen teito en Zaragoza

Detidos tres homes pola violación grupal da muller sen teito en Zaragoza

A conselleira de Políticas Sociais e Delegada de Igualdade do Concello de Zaragoza explicou que en ningún momento a muller puxo estes feitos en coñecemento dos traballadores sociais da instalación

G24.gal 12/11/2024 14:01

A Policía Nacional confirmou a detención de tres homes acusados da violación grupal dunha muller sen teito a mediados do pasado mes de setembro no rocho dun bloque de pisos en Zaragoza. 

A Policía explicou que a vítima era usuaria habitual do refuxio municipal da capital aragonesa, onde, segundo relatou na súa denuncia, sufría de forma habitual o acoso de varios mozos cos que adoitaba coincidir nas instalacións.

A conselleira de Políticas Sociais e delegada de Igualdade do Concello de Zaragoza, Marian Orós, precisou aos medios nunha conferncia de prensa para ofrecer datos de violencia machista que en ningún momento a muller puxo estes feitos en coñecemento dos traballadores sociais da instalación e en ningún caso comentou que non se sentise cómoda.

Tras abandonar o refuxio debido á situación de presión sufrida, a muller explicou que a noite en que se produciu a violación estivera consumindo cervexa en varios bares da cidade, pero precisou aos investigadores que non lembraba como chegara ata o rocho onde tiveron lugar os feitos denunciados. 

Ao parecer, segundo publica Heraldo de Aragón, a muller enviou varias mensaxes de WhatsApp a unha coñecida súa para contarlle os feitos, tras espertar semiespida no rocho, e finalmente foi localizada por efectivos da Policía Local de Zaragoza inconsciente nunha nave frecuentada por transeúntes sen recursos. 

Na ambulancia na que foi trasladada ao Hospital Miguel Servet de Zaragoza a vítima deu datos identificativos dos seus agresores e, unhas semanas despois, conseguiu identificar un deles nas instalacións do albergue municipal.

A detención do primeiro sospeitoso conduciu os axentes da Unidade de Familia e Muller do Corpo Nacional de Policía de Zaragoza á posterior detención do resto de membros do grupo responsable das vexacións e a violación sufrida pola muller. 

Orós rexeitou a agresión e, como responsable última do albergue municipal, explicou que o día dos feitos os traballadores tentaron convencela de que non abandonase o edificio, pero ela non accedeu. "Hai liberdade deambulatoria" e ela é maior de idade, lembrou a conselleira.

Os Servizos Sociais do Concello acompañaron a muller no trámite de interpoñer a denuncia, unha vez foi dada de alta no hospital e regresou ao albergue, engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade