"Desfixeron as nosas vidas e as súas", di a parella agredida na India
"Desfixeron as nosas vidas e as súas", di a parella agredida na India
Hai catro detidos pola violación grupal
Abandonarán o país nas próximas horas tras ser indemnizados con 12.000 euros
"Desfixeron as nosas vidas e as súas", di a parella española atacada por un grupo de agricultores na India o pasado venres.
"As súas porque agora non sairán nunca de prisión e as nosas polo que nos fixeron, que nos vai quedar aí para sempre".
As penas na India por violación grupal como a sufrida pola muller pode ser de cadea perpetua. Ata o de agora hai catro detidos. A vítima cre que foron sete, pero a policía eleva a cifra a 8 ou 10. A parella pide castigos exemplares contra este tipo de delitos.
"Se non lles pasa nada, mañá vén unha muller por aí e volven facer o mesmo. Ou cunha nena, que tamén pasa con nenas", aseguran.
O que máis lle sorprende é o perfil dos violadores que tamén lle deron unha malleira ao home.
"Estaban traballando a terra, non eran unha banda de delincuentes. Uns chamaron a outros e ala. Xente simple que non ten cultura nin nada".
A policía garantiulles que haberá un investigación exhaustiva e un xuízo rápido. E Goberno rexional indemnizou a parella cun millón de rupias, uns 12.000 euros.
"O que pasou vainos marcar para sempre, pero intentaremos esquecelo".
Nas próximas horas sairán do país cara ao Nepal. Seguirán percorrendo Asia en moto como estaban facendo antes de ser agredidos.