Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan un chat de menores dun colexio de Cantabria con contido pedófilo e violento

Investigan un chat de menores dun colexio de Cantabria con contido pedófilo e violento

Dúas familias descubriron as imaxes nos teléfonos dos fillos

O fiscal de menores de Galicia asegura que cada vez se accede antes a contidos pornográficos na Rede

G24.gal 25/09/2023 14:39

A Garda Civil investiga un chat de alumnos dun colexio de Cantabria con vídeos de contido sexual e violento. Os participantes tiñan 14 e 15 anos.

Dúas familias descubriron as imaxes nos teléfonos dos seus fillos. Fotos e vídeos con pornografía infantil, zoofilia e violencia extrema. Pero tamén insultos, vexacións e ameazas de malleiras.

Hai interpostas varias denuncias, polas imaxes brutais e por acoso e amezas aos que rexeitaban o que se estaba compartindo, oero tamén pola existencia dun segundo chat, desta volta con adultos que mesmo intentaron contactar cos nenos. 

O fiscal de menores de Galicia, José Manuel Ucha, asegura que cada vez se accede antes a este tipo de contido: "O primeiro contacto que ten un menor con contidos pornográficos comeza aos oito anos. Pero é que a partir dos 14 anos os menores xa teñen un consumo xeneralizado de pornografía infantil".

O caso está en mans do grupo de delitos informáticos da Garda Civil. O administrador dos chats era un compañeiro de clase que enviaba imaxes collidas de Internet. 

A psicóloga sanitaria e vicesecretaria do Colexio de Psicoloxía de Galicia, Carmen González Hermo, reflexiona sobre a falta de control. "As redes sociais fan como un submundo, un extramundo en que os adultos ás veces non temos cabida e aí os adolescentes quedan moi vulnerables", di Carmen.

O 70 % dos menores de 15 anos dispoñen de móbil e o Fiscal de Menores de Galicia advirte de que "existe unha relación directa entre a delincuencia xuvenil e o acceso da xente nova a través da Internet a contidos inapropiados, tales como imaxes e vídeos de contido pornográfico ou violento".

En 2022 foron condenados 500 menores por delitos sexuais, un 14 % máis ca hai un ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade