Investigan un incendio nunha casa ocupada de Boiro
Investigan un incendio nunha casa ocupada de Boiro
Os veciños alertáronse porque saía moito fume negro da vivenda
A Garda Civil investiga as causas dun lume que queimou unha casa ocupada en Boiro. Cando chegaron os bombeiros, non había ninguén dentro, polo que só houbo danos materiais.
A casa empezou a arder este xoves á tarde, por causas que non se coñecen e que investiga a Garda Civil. Os veciños avisaron o 112, que mandou os bombeiros de Boiro.
Os veciños alertáronse porque saía moito fume negro da vivenda. A principal sospeita é que o lume se iniciou na cheminea da cociña e que logo se estendeu polo resto da casa, que tiña un sobrado de madeira e acabou derrubándose. O tellado de uralita foi estalando coa calor e deixando saír a fumareda.
Os veciños afirman que na casa adoitaba vivir un home da zona, a quen vinculan co consumo e tráfico de drogas e tamén co marisqueo furtivo.